Semana Audiovisual

La Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán nace en el año 1998. En una primera etapa con audiovisuales realizadas por los socios del club, basadas en sus actividades y vivencias y sin apenas presupuesto. El "Outono Fotográfico", referente gallego en el mundo de la imagen, pronto nos propone formar parte de su programa de actividades. En el año 2002, se nos presenta la oportunidad de traer a dos amigos Martín Ramos y Alberto Agüero. Estos dos alpinistas abulenses acababan de regresar de una expedición al Everest en la que habían coronado la cima y gracias a la amistad con nuestro club se ofrecieron a contarnos su experiencia en esta segunda etapa de nuestra Semana Audiovisual. Es en este punto en el que tenemos que hablar de nuestro único, hasta el momento, patrocinador, la “FUNDACIÓN FLORENCIO ÁLVAREZ MARÍA TERESA ESTEBAN”, que gracias a su colaboración desinteresada y a su confianza en nuestro proyecto, nos ha venido apoyando sin condiciones desde ese año 2002 hasta la actualidad. Fruto de esta colaboración es posible a día de hoy continuar con este proyecto que año a año crece en calidad, cantidad de públicoy repercusión en la sociedad ourensana.

miércoles, 18 de septiembre de 2013

IX Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán/Programa 2007


PROGRAMA
IX SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN
Lugar:CENTRO SOCIOCULTURAL FUNDACIÓN CAIXA GALICIA. XOAN XXIII, 31 Soto

Luns 26 de Novembro
“PATAGONIA: BELEZA E SOIDADE” por Antonio García. Escairón (Lugo) 1970

Percorrido polo “Parque Nacional  Torres del Paine” (Chile) e “Parque Nacional los Glaciares-cordillera del Fitz Roy” (Arxentina), dominados por  dous macizos montañosos que érguense como catedrais graníticas de proporcións colosais entre os glaciares que manan do Xeo Patagónico Sur.
Lugar de beleza incomparable e natureza abraiante en estado primixenio, a penas tocado pola mao do home, e que segue sendo última fronteira para emprendedores e aventureiros.


Mércores 28 de Novembro
 “ESCALADA DE CRISTAL” por JUAN GOYANES. A Coruña 1970

Dá escalada de cascadas de xeo ó mixto deportivo moderno.
Un percorrido polas vías de Dry-tooling mais difíciles de Europa e o Campeonato do mundo de Escalada en Xeo.
A primeira parte da proxección, con fotos e vídeo, introdúcenos no mundo do inverno e a cascada de xeo, a evolución dás éticas e os materiais, e o nacemento do mixto deportivo moderno (Dry-tooling).
Na segunda parte viaxamos ós invernos dos anos 2003, 2004 e 2006, e, partindo do Pirineo Aragonés, viaxaremos polos Alpes en busca dos  itinerarios de Dry-tooling mais cobizados do continente.

Xoves 29 de Novembro
“MAS ALLA DE MIS PROPIOS SUEÑOS” Por ROSA FERNÁNDEZ. Cangas del Narcea 1960

Rosa Fernández primeira española en completar "Las Siete Cumbres".
Faremos un percorrido pola montaña mais alta de cada continente. Dendela selva do Pacifico, o deserto do Tibet, os xeos da Antártida, o inhóspito Denali, o frío e amable Cáucaso, ata o punto mais alto da terra, o Everest.


Venres 30 de Novembro 
ASCENSO AL K2. AL FILO DE LO IMPOSIBLE” por JUANITO OIARZÁBAL.
Victoria-Gasteiz 1956

Nó verao de 2004  cumpríase o cincuentenario -o 31 de xullo de 1954- de unha dás ascensións míticas na historia do montañismo: a primeira escalada ó K2, realizada por una expedición italiana, dirixida por Ardito Desio, e culminada polos seus compatriotas Lacedelli y Compagnoni. Con tal motivo, o programa “Al filo de lo imposible” organizou una expedición para conmemorar este aniversario, polo que desprazou ata o glaciar do Baltoro un equipo formado por Juanito Oiarzábal, Edurne Pasabán, Ferrán Latorre, Juan Vallejo y Mikel Zabalza.
            Juanito preséntanos nesta audiovisual a súa ascensión ó K2 ou CHOGORI, denominación local que significa “a gran montaña”. O K2, é a segunda montaña mais alta do mundo e cualificada  como o mais difícil dos catorce oitomiles, atópase relativamente illada, polo que a súa envergadura resulta, si cabe, aínda mais impresionante. Con esta  escalada a este vertixinoso pico Juanito  converteuse no único alpinista en conseguir a fazaña de subilo en dúas ocasións,  a súa primeira ascensión realizouna en 1994. Despois de soportar condicións extremas no ascenso, o descenso converteríase nunha carreira contra o reloxo. Juanito con conxelacións nos pes e un edema pulmonar, foi quen de chegar ó campo base para, horas mais tarde, ser evacuado xunto con Edurne Pasabán, que sufriría tamén graves conxelacións, pero cá satisfacción de ter conseguido, de novo o cumio de este mítico y cobizado pico. 

Lugar:CENTRO SOCIOCULTURAL FUNDACIÓN CAIXA GALICIA. XOAN XXIII, 31 Soto
Hora: 20:00 horas

No hay comentarios:

Publicar un comentario